20/05/11

300 segundos

Nunca me parara a pensar no que poden dar de si 300 segundos ate o mércores pasado, cando me puxen a preparar a presentación do xoves e cronometrei o tempo que me levaba leer o que tiña escrito nun par de folios. Para a miña sorpresa, sobrábanme uns cantos párrafos cando o temporizador sonou, ¡e eu que cría que me ía sobrar tempo!

Decidín facer un esquema, e nin con esas. Agora doume conta de que cinco minutos que o mércores parecíanme un mundo, o xoves non me chegaron , porque me quedei a medio presentar. En fin, outra vez será, e agora toca ir comenzando a preparar a exposición de dúas horas.

Montse

Metáforas da vida e outras historias


Hai dúas semanas corteime. Estaba fileteando un lacón asado cun maravilloso coitelo Arcos que ese mesmo día estreaba, o caso é que antes de cortarme xa sabía que o ía facer: había claros indicios dada a colocación do lacón, do coitelo, da man que suxeitaba o lacón e do dedo que sobresaía por enriba de tódolos demáis como querendo ver a sangría que se estaba a levar a cabo (e da que el, sen sabelo aínda, ía ser o protagonista).

Ó que vou: a día de hoxe apenas queda rastro de ferida ningunha no dedo, simplemente unha pequena mancha encarnada e un diminuto bultiño ó tacto.

Dos temas falados e explicados estes días chamoume bastante a atención o "diálogo interno", o "outro eu" pesimista e machacón que nos está dando por saco en canto nos despistamos. ¿Por que vos conto todo isto? Porque sería xenial que o noso cerebro (nós, ó fin e ó cabo) fosemos tan intelixentes como o noso corpo, que se manca e se recupera (non digo que o faga sen sufrimento, simplemente que o fai), non volve abrir a ferida de cada dous por tres nin aplica técnicas masoquistas na que nos fai lembrar día si día tamén que nos mancamos hai 2 días, 2 semanas, 2 meses, ou fai 30 anos. Así que, a partir de agora, cando tome unha decisión que non é acertada, non saiba ou poida aproveitar unha oportunidade, ou se de algún feito ó meu alcance ou fora del que me cause sufrimento, intentarei ser máis corporal e menos psíquica :) por iso de non darlle tantas voltas e, simplemente, recuperarme e superalo.

Neniño..., así non vas a ningures

Onte deime conta da importancia de levar as cousas preparadas sempre que teñas que enfrontarte a un auditorio, sexa grande ou pequeno. Cóntovos. Dentro do curso de formador ocupacional todos e cada un de nós tivemos que pasar polo trance de falar perante os nosos compañeiros durante cinco minutos. Podiamos tratar calquera tema do que soubesemos sempre que o fixeramos en actitude docente.

Eu que, tal e como puxen na ventá de Johari , son unha persoa de pensamento disperso e medio atropelado na fala, vin como o meu mundo de seguridade en min mesmo se viña abaixo cando perdía o fío, non sabía que dicir nin moito menos como transmitir de forma estruturada e atractiva a información que tiña na cabeza.

Para a próxima xa o teño aprendido. Hai que preparar as cousas antes e ensaialas. Aínda que logo non che saian ben de todo, polo menos ganarás en confianza e serás capaz de transmitir con garantías de feedback todo o que sabes. Ir de campión está ben, pero non serve de nada.

16/05/11

O formador: nace ou faise?

Todos nos lembramos dese docente (ou máis ben docentes) cos que nos atopamos no colexio, no instituto, e máis tarde na universidade. Refírome a aqueles que se caracterizan por unha escasa ou nula motivación, e interese polo bon desenvolvemento da súa profesión e, incluso me atrevería a aventurar, un pequeno desprecio cara ós seus alumnos.  

Aínda que, para ser xustos, tamén debemos recordar a aqueles (os menos, pero "habelos hainos"), que amosan interese, motivación, e que realmente son profesores na aula e formadores na vida. Estes son os que permanecen, e ó que debemos aspirar nós como formadores: aquí comenza o camiño.

Estrenando blog ...

Hace cuatro semanas que empezamos el curso, y cada día (y hablo por mi) aprendo y hago algo diferente.Hoy le ha tocado el turno a la creación de un blog y en ello estoy, con mi primera entrada.

Lo cierto es que es una forma interesante de aprender, más práctica y menos teórica, todo lo contrario a lo que estaba acostumbrada , tanto en el colegio, instituto y la Univesidad, dónde las prácticas eran un bien muy escaso, por no decir inexistente.

Do xeral ao concreto

Levamos xa un mes de curso e estamos metidos a fondo en materia. Logo de ver cal é o contexto da formación e de facer o noso primeiro programa con varias accións, agora entramos na parte máis densa do curso: a interacción didáctica.

As próximas semanas serán as máis entretidas. Agárdannos máis apuntes, máis actividades de grupo, máis vídeos e presentacións e, o máis importante, impartir dúas horas e media de clase para o resto dos compañeiros. Toda a xente do curso de Formador Ocupacional ten xa asignados os seus temas e hai de todo, desde quen vai falar de contabilidade ata quen se centrará en historia británica.