20/05/11

Neniño..., así non vas a ningures

Onte deime conta da importancia de levar as cousas preparadas sempre que teñas que enfrontarte a un auditorio, sexa grande ou pequeno. Cóntovos. Dentro do curso de formador ocupacional todos e cada un de nós tivemos que pasar polo trance de falar perante os nosos compañeiros durante cinco minutos. Podiamos tratar calquera tema do que soubesemos sempre que o fixeramos en actitude docente.

Eu que, tal e como puxen na ventá de Johari , son unha persoa de pensamento disperso e medio atropelado na fala, vin como o meu mundo de seguridade en min mesmo se viña abaixo cando perdía o fío, non sabía que dicir nin moito menos como transmitir de forma estruturada e atractiva a información que tiña na cabeza.

Para a próxima xa o teño aprendido. Hai que preparar as cousas antes e ensaialas. Aínda que logo non che saian ben de todo, polo menos ganarás en confianza e serás capaz de transmitir con garantías de feedback todo o que sabes. Ir de campión está ben, pero non serve de nada.

2 comentários:

Forma2 Desinforma2 disse...

pois víachese seguro.
Fani.

coti disse...

coincido con Fani.
fdo:unha xornalista...