
Hai dúas semanas corteime. Estaba fileteando un lacón asado cun maravilloso coitelo Arcos que ese mesmo día estreaba, o caso é que antes de cortarme xa sabía que o ía facer: había claros indicios dada a colocación do lacón, do coitelo, da man que suxeitaba o lacón e do dedo que sobresaía por enriba de tódolos demáis como querendo ver a sangría que se estaba a levar a cabo (e da que el, sen sabelo aínda, ía ser o protagonista).
Ó que vou: a día de hoxe apenas queda rastro de ferida ningunha no dedo, simplemente unha pequena mancha encarnada e un diminuto bultiño ó tacto.
Dos temas falados e explicados estes días chamoume bastante a atención o "diálogo interno", o "outro eu" pesimista e machacón que nos está dando por saco en canto nos despistamos. ¿Por que vos conto todo isto? Porque sería xenial que o noso cerebro (nós, ó fin e ó cabo) fosemos tan intelixentes como o noso corpo, que se manca e se recupera (non digo que o faga sen sufrimento, simplemente que o fai), non volve abrir a ferida de cada dous por tres nin aplica técnicas masoquistas na que nos fai lembrar día si día tamén que nos mancamos hai 2 días, 2 semanas, 2 meses, ou fai 30 anos. Así que, a partir de agora, cando tome unha decisión que non é acertada, non saiba ou poida aproveitar unha oportunidade, ou se de algún feito ó meu alcance ou fora del que me cause sufrimento, intentarei ser máis corporal e menos psíquica :) por iso de non darlle tantas voltas e, simplemente, recuperarme e superalo.
Sem comentários:
Enviar um comentário