Todos nos lembramos dese docente (ou máis ben docentes) cos que nos atopamos no colexio, no instituto, e máis tarde na universidade. Refírome a aqueles que se caracterizan por unha escasa ou nula motivación, e interese polo bon desenvolvemento da súa profesión e, incluso me atrevería a aventurar, un pequeno desprecio cara ós seus alumnos.
Aínda que, para ser xustos, tamén debemos recordar a aqueles (os menos, pero "habelos hainos"), que amosan interese, motivación, e que realmente son profesores na aula e formadores na vida. Estes son os que permanecen, e ó que debemos aspirar nós como formadores: aquí comenza o camiño.
5 comentários:
Tita, estou segura que ti serás dos que describes no segundo párrafo
Agur
Montse
Eu penso que o formador nace. Penso que o desexo de ensinar vén marcado na xenética de cada un. Logo, o xeito de facelo apréndese.
Leendo o teu comentario véseme un par de nomes á cabeza: o primeiro, Vilariño, un mestre que tiven na EXB e que aínda recordo con moito agarimo...o segundo é un feixe, tamén da EXB que non cabe nin mencionalos, son en fin, o modelo do que espero alonxarme...
Por moitos "Vilariños"
Unha aperta
De cada un@ de ell@s podemos sacar un aprendizaje positivo, en algo nos hicieron tomar conciencia de algo que consciente o inconscientemente ha calado en nosotr@s!
A tod@s ell@s, a tod@s l@s docentes, formadores/as, profesores/as, maestros/as, monitores/as ÁNIMO!!!
El que nace con esa habilidad está claro que tiene más facilidad, pero soy de los que piensa que poniendo voluntad y trabajo todo se puede conseguir
Enviar um comentário