Todos nos lembramos dese docente (ou máis ben docentes) cos que nos atopamos no colexio, no instituto, e máis tarde na universidade. Refírome a aqueles que se caracterizan por unha escasa ou nula motivación, e interese polo bon desenvolvemento da súa profesión e, incluso me atrevería a aventurar, un pequeno desprecio cara ós seus alumnos.
Aínda que, para ser xustos, tamén debemos recordar a aqueles (os menos, pero "habelos hainos"), que amosan interese, motivación, e que realmente son profesores na aula e formadores na vida. Estes son os que permanecen, e ó que debemos aspirar nós como formadores: aquí comenza o camiño.
