16/05/11

Do xeral ao concreto

Levamos xa un mes de curso e estamos metidos a fondo en materia. Logo de ver cal é o contexto da formación e de facer o noso primeiro programa con varias accións, agora entramos na parte máis densa do curso: a interacción didáctica.

As próximas semanas serán as máis entretidas. Agárdannos máis apuntes, máis actividades de grupo, máis vídeos e presentacións e, o máis importante, impartir dúas horas e media de clase para o resto dos compañeiros. Toda a xente do curso de Formador Ocupacional ten xa asignados os seus temas e hai de todo, desde quen vai falar de contabilidade ata quen se centrará en historia británica.

5 comentários:

SMAILFORUM disse...

A verdade e que moi emocionante este módulo e por outra aprte unha gran responsabilidade...espero con ganas e por que non dicilo tamén con nervios todas as nosas accions formativas.

Nelly Rey Rey disse...

Si por yo os espero a tod@s en la gran función de la INTERRACCIÓN didáctica, será un gusto veros en acción y aprender de vosotr@s!

Ánimo y fuerza

Tita disse...

Estou totalmente dacordo, ademáis de aprender como docentes a impartir unha sesión formativa, imos aprender como alumnos un pouquiño do que cada compañeiro explique.

Forma2 Desinforma2 disse...

O que temos que facer é tomar conciencia do que imos ter nas máns, porque mal levado podería ser unha bomba de reloxería, aprender a que o que ensinamos ten que valer para formar constructivamente.

Montse disse...

Estou de acordo, vai ser entretido e interesante este módulo, porque hai moita variedade de materias e cada un intentará facelo o mais ameno posible para que se poida aproveitar algo de todo o que se vaia expoñer.